Cidadela do pobo


Entregas 40 a 42 do capítulo · O establecemento da Conferencia Europea da Soka Gakkai

40. O 12 de maio, reuníronse en París vintedous membros representantes de diversos países europeos para falar sobre o establecemento da Conferencia Europea da Soka Gakkai. Shin’ichi suxerira isto como un medio para reforzar a solidariedade e a cooperación dos membros europeos.

Previamente, estableceuse en Europa unha sede central xeral coma a do Xapón. Pero agora, as organizacións da Soka Gakkai en Francia e en Alemaña Occidental foran recoñecidas oficialmente como asociacións relixiosas e os membros doutras nacións europeas tamén se estaban establecendo nas súas comunidades e levando a cabo actividades de maneira independente. Noutras palabras, toda a Soka Gakkai de Europa estaba a ingresar nunha nova etapa: os membros de cada país estaban a profundar na fe e obtendo a forza para levar a cabo as actividades por sí mesmos.

Nichiren Daishonin escribiu a cada un dos seus seguidores: “Confíolle a propagación do budismo na súa provincia”.[1] Que cada persoa asuma a responsabilidade do kosen-rufu no lugar onde habita: esta é a fórmula inmutable para o avance do noso movemento. O kosen-rufu atinxirase cando os membros de cada país esperten á súa misión persoal e emprendan accións valentes alí donde viven, actuando de acordo coas condición e as costumes locais, e respectando a característica nacional.

Por outra banda, se a Soka Gakkai de cada país se illase, carecería de inspiración e de estímulo. Esas organizacións precisan estar en estreito contacto, compartir os seus éxitos, apoiarse e axudarse mutuamente. Este é o único modo de medrar e desenvolverse. Se se pode lograr ese nivel de cooperación, cada país poderá exhibir cinco ou dez veces o vigor que demostrara previamente. A solidariedade é forza.

Con isto en mente, e considerando as posibilidades futuras do kosen-rufu mundial, Shin’ichi suxerira o establecemento da Conferencia Europea da Soka Gakkai para que funcionase coma unha alianza humanística con base en Europa. Ademais, nese entón, a unión europea era un tema social e políticamente importante para o futuro. En tal sentido, a formación da Conferencia Europea da Soka Gakkai, unha especie de liga espiritual adicada a levar paz e felicidade aos seres humanos, era un primeiro paso importante nesa dirección.

Na reunión preliminar —na que participou Shin’ichi—, Eiji Kawasaki, director xeral da Soka Gakkai de Francia, anunciou cinco propósitos para o establecemento da Conferencia. Eles incluían “contribuir ao benestar e á amizade internacional, e á paz da humanidade baseada no budismo de Nichiren Daishonin”.

41. Kawasaki tamén suxeriu situar a oficina da Conferencia Europea da Soka Gakkai en París e elixir representantes nacionais entre tódolos membros de Europa. A isto seguiulle unha vívida sesión de preguntas e respostas, e logo unha votación que confirmou, por unanimidade, o establecemento da Conferencia. E Kawasaki foi nomeado presidente.

A Conferencia Europea da Soka Gakkai comezou coa incorporación de trece países: Francia, Alemaña Occidental, o Reino Unido, Italia, Bélxica, os Países Baixos, Dinamarca, Noruega, Suecia, Suiza, Austria, España e Grecia. Como presidente, Kawasaki expresou:

“Os membros en cada un dos nosos países teñen como mentor ao presidente Yamamoto. No budismo, os lazos do mentor e discípulo son inmutables. Por tanto, gustaríame pedir que o presidente Yamamoto acepte ser o presidente honorario da Conferencia Europea da Soka Gakkai. ¿Que lles parece?”.

Os participantes responderon espontáneamente cun aplauso entusiasta. A pedimento de Kawasaki, Shin’ichi púxose de pé

—Está ben —dixo—. Se todos están de acordo, acepto e apoiareinos entre bastidores.Todos lanzaron vivas e o aplauso creceu en intensidade.

O establecemento da Conferencia Europea da Soka Gakkai anunciouse oficialmente na Reunión de Gongyo pola Paz do Mundo, que se realizou ao día seguinte, 13 de maio, na sede central da Soka Gakkai en París, coa presenza duns trescentos membros representantes de toda Europa. O evento anunciaba o comezo do segundo capítulo do kosen-rufu global.

Durante o encontro, Kawasaki compartiu así a súa determinación como presidente da Conferencia.

—Nichiren Daishonin escribiu: “Cando no pobo predomina a unión de moitas persoas distintas cun mesmo propósito, estas poderán lograr todas as súas metas; en cambio, cando son iguais en aparencia pero albergan distintos pensamentos, non serán capaces de obter nada digno”.[2] Espero que nós aquí, en Europa, liderando a marcha coa nosa formación dunha nova solidariedade, fagamos un progreso enorme coa unión como prioridade. Como presidente da Conferencia Europea, estou decidido a servir sinceramente a tódolos nosos membros no continente. Farei absolutamente o meu mellor esforzo.

As súas palabras expresaban sinceridade e vigor.

42. Por último, Shin’ichi Yamamoto dirixiuse á audiencia como presidente honorario da Conferencia Europea da Soka Gakkai. Falou sobre a misión dos membros que vivían en Europa.

—O establecemento desta Conferencia Europea da Soka Gakkai, a primeira da súa clase no mundo, é a proba de que todos vostedes son pioneiros no esforzo por concretar a paz no século XXI; é máis, para toda a eternidade. Como di o refrán: “Caven baixo os seus pés, alí atoparán un manancial”. A paz tamén comeza na contorna inmediata.

“Noutras palabras, teñen que crear un harmonioso reino de amizade e de confianza no microcosmos da súa propia organización. E a partir de aí estenderse ás súas respectivas nacións e a Europa no seu conxunto. Esta é a verdadeira visión do kosen-rufu.

“Espero que avancen coma leóns poderosos que enfrontan calquera desafío, con orgullo, bravura, misericordia e unha filosofía sólida.

Esas breves palabras foron recibidas con aplausos espontáneos que expresaban a determinación dos membros e marcaban un novo comezo para Europa.


[1] The Writings of Nichiren Daishonin (WND), Soka Gakkai, Tokio, 1999, pág. 1117.

[2] WND, pág. 618.

Scroll al inicio